CAMERA1.mp4 18 de xan. de 2021

Visto 41 veces

CAMERA1.mp4

A EU de Estudos Empresariais, agora Facultade de Comercio, arranca as celebracións do seu centenario coa organización dun claustro conmemorativo do celebrado o 15 de xaneiro de 1921, o primeiro celebrado nesta institución. O acto, que contará coa participación do reitor, o alcalde e a directora da escola, consistirá nunha lectura da acta do claustro constituínte da Escola de Comercio por parte da secretaria María Jesús Barsanti e as intervencións do catedrático emérito Antonio Vaamonde, como voceiro de profesorado e persoal do centro, e da estudante Arame Taboada, en representación do alumnado.

Presenta: Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Consuelo Curras Valle
Directora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Universidade de Vigo