O mosntruo do váter 1 de xuño de 2021
Visto 10
veces
O mosntruo do váter
Na miña casa ás veces non imos ao váter porque a miña irmá pensa que hai un monstruo nel. Que pasará se entramos no vater? Con quen nos atoparemos?
O alumnado da Facultade de Educación de Ourense tamén traballou cos contos que integran a obra narrativa póstuma da nosa homenaxeada, Non te amola!, así como coas súas traducións dos Contos ó teléfono, de Gianni Rodari. Neste caso, cunha adaptación dramatúrxica, baixo a titorización da profesora de lingua galega, Mercedes González. Aquí tedes unha mostra.
Autor/a:
Saray Boo Piñeiro, Alicia Estévez Fernández, Salma Calvo Dafonte e Jessica Mociño
Vídeos da mesma serie
ConXélame, destino.
Un canto ao amor libre e sa, baseado nun poema de Denuncia do equilibrio (1986), dous de Darío a diario (1996) e, finalmente, o útlimo poema de Intempériome (2003). A curtrametraxe presenta un día calquera da vida en común de Marta e Iria, dúas mozas que teñen unha relación amorosa dende hai dous anos. Nada semella poder quebrantar a súa confianza mutua ata que Iria recibe unha mensaxe sospeitosa no móbil.
4 de maio de 2021
Amor de Nai
Audiovisual elaborado a partir da reinterpretación persoal de tres poemas de Xela Arias
4 de maio de 2021
Festa da alameda
Un grupo de amigos queda na festa da alameda de Cangas. Sentados nun banco póñense a falar de diferentes supersticións e meigas. Entón, de súpeto, un deles desaparece...
1 de xuño de 2021
O meu avó Agapito e a súa bicicleta
O meu avó é un home tranquilo, máis un día tivo a xenial ocorrencia de coller a bicicleta e ir pola aldea. Vexamos o que lle aconteceu...
1 de xuño de 2021
O mosntruo do váter
Na miña casa ás veces non imos ao váter porque a miña irmá pensa que hai un monstruo nel. Que pasará se entramos no vater? Con quen nos atoparemos?
1 de xuño de 2021
A neve é frísima
Ao carón da lareira a avoa Amparo cóntalle á súa neta historias da xente da aldea, por exemplo, historias da muller más vella da aldea, a Barreira. Tamén relata outros contos de crenzas e supersticións galegas.
1 de xuño de 2021
A neve é frísima. Versión con monecos
Unha neta moi noviña escoita abraiada as historias que lle conta a avoa sobre as supersticións: mal de ollo, gato negro, as meiguiñas. No transcurso da narración, a nena vai aprendendo todos os remedios naturais para doenzas como a herba luisa, o eucalipto, etc., que moito lle han de servir para a vida.
1 de xuño de 2021