Amor de Nai 4 may. 2021

Visto 62 veces

Amor de Nai

Audiovisual elaborado a partir da reinterpretación persoal de tres poemas de Xela Arias

Audiovisual elaborado a partir da reinterpretación persoal de tres poemas de Xela Arias.
Na primeira parte, empregamos o poema de Darío a Diario para representar a protagonista feliz de imaxinarse a si mesma coa súa pequena, paseando e amosándolle o mundo (“Imos, meu ben, camiñar sereno pola cidade sen ramplas nas aceras. Imos comeza-lo xeito da túa vida...”). Pese a anticipar que ser nai converterase nun labor esgotador, a súa ilusión supera esa expectativa e emociónase só de pensar que os signos de cansazo poderían chegar a converterse en algo divertido para a súa nena (“[...] Mesmo as bolsas dos meus ollos serán monecos dos teus días xunta min”). Unha chamada do xinecólogo encargado de efectuar o seguimento do embarazo dará comezo ao poema recollido en Intenpériome. A partir dese instante, a muller vese sumida nun círculo de estrés, frustración e desesperación, pois o seu instinto dille que algo moi malo está por sucederlle ao bebé. Comprobamos entón que ela non era máis que a unidade composta de desorde, esa da que fala Xela Arias, a torre desmoronándose que observamos ao inicio do audiovisual. O malestar repercute no seu traballo e no seu día a día en xeral, se ben consegue recompoñerse grazas ao apoio do seu marido (“[...] e dou co punto único do centro dos abrazos”) e á súa propia forza de vontade (“[...] abrazo a desorde das ideas e sei que a unidade se compón”).

Xa no hospital, o médico transmítelles á muller e mais ao seu marido a noticia e, con isto, precipitámonos cara ao desenlace da historia por medio do terceiro poema, incluído no poemario Denuncia do equilibrio. A través da dor e a tristura que a autora exterioriza coas súas palabras (“—UN TÉRMINO absoluto— un non existir que é ser pleno [...] ¿onde vingarme así de min que tantas feridas xa adoptei? ... senón partindo este meu eu en longo berro”), creamos a imaxe dunha muller completamente desolada e aflixida pola morte da nena: “¿onde senón morte acada-lo estadio lucido da disolución?”, ao punto de tolear, tirando cos seus xoguetes e coa súa roupa e berrando no balcón.

Autor/a: Iria Rodríguez
Autor/a: Adrián Rodríguez
Autor/a: Daniel Sampayo
Autor/a: Víctor Seara
Autor/a: Fernando Toja

Vídeos de la misma serie
ConXélame, destino.
Un canto ao amor libre e sa, baseado nun poema de Denuncia do equilibrio (1986), dous de Darío a diario (1996) e, finalmente, o útlimo poema de Intempériome (2003). A curtrametraxe presenta un día calquera da vida en común de Marta e Iria, dúas mozas que teñen unha relación amorosa dende hai dous anos. Nada semella poder quebrantar a súa confianza mutua ata que Iria recibe unha mensaxe sospeitosa no móbil.
4 may. 2021
Amor de Nai
Audiovisual elaborado a partir da reinterpretación persoal de tres poemas de Xela Arias
4 may. 2021
Marcho
12 may. 2021
Festa da alameda
Un grupo de amigos queda na festa da alameda de Cangas. Sentados nun banco póñense a falar de diferentes supersticións e meigas. Entón, de súpeto, un deles desaparece...
1 jun. 2021
O meu avó Agapito e a súa bicicleta
O meu avó é un home tranquilo, máis un día tivo a xenial ocorrencia de coller a bicicleta e ir pola aldea. Vexamos o que lle aconteceu...
1 jun. 2021
O mosntruo do váter
Na miña casa ás veces non imos ao váter porque a miña irmá pensa que hai un monstruo nel. Que pasará se entramos no vater? Con quen nos atoparemos?
1 jun. 2021
A neve é frísima
Ao carón da lareira a avoa Amparo cóntalle á súa neta historias da xente da aldea, por exemplo, historias da muller más vella da aldea, a Barreira. Tamén relata outros contos de crenzas e supersticións galegas.
1 jun. 2021
A neve é frísima. Versión con monecos
Unha neta moi noviña escoita abraiada as historias que lle conta a avoa sobre as supersticións: mal de ollo, gato negro, as meiguiñas. No transcurso da narración, a nena vai aprendendo todos os remedios naturais para doenzas como a herba luisa, o eucalipto, etc., que moito lle han de servir para a vida.
1 jun. 2021