Apertura da IV Olimpíada Galega de Historia 21 de maio de 2021

Visto 5 veces
Marcas:
  1. Intervención do Reitor : 00:00:01
  2. Intervención de Susana Reboreda : 00:03:25

Apertura da IV Olimpíada Galega de Historia

A Facultade de Historia do campus de Ourense arranca a celebración da IV Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con Nós. A cita volve á palestra co obxectivo de fomentar entre o alumnado preuniversitario a curiosidade e o interese por este ámbito de coñecemento e polos estudos nesta área. 30 equipos formados por alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria de centros galegos competirán nesta edición. Debido á pandemia, esta primeira fase da cita celebrarase de xeito on-line este venres 21 de maio, competindo cada equipo desde o seu centro educativo e podendo seguirse en directo a través de UVigo TV.

Fonte: DUVI

Reitor, Universidade de Vigo
Modera: Susana Reboreda Morillo
Decana Facultade de Historia, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie