Concurso. Rolda 1 21 de maio de 2021
Visto 12
veces
Concurso. Rolda 1
A Facultade de Historia do campus de Ourense arranca a celebración da IV Olimpíada Galega de Historia. Fai Historia con Nós. A cita volve á palestra co obxectivo de fomentar entre o alumnado preuniversitario a curiosidade e o interese por este ámbito de coñecemento e polos estudos nesta área. 30 equipos formados por alumnado de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria de centros galegos competirán nesta edición. Debido á pandemia, esta primeira fase da cita celebrarase de xeito on-line este venres 21 de maio, competindo cada equipo desde o seu centro educativo e podendo seguirse en directo a través de UVigo TV.
Fonte: DUVI
i18n.one.Series:
IV Olimpiada Galega de Historia
Modera:
Susana Reboreda Morillo
Decana Facultade de Historia, Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie