01_presenta_con 10 de xuño de 2021

Visto 13 veces

01_presenta_con

O programa Meta da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolle unha nova sesión do ciclo de conferencias Conversas. Nesta ocasión, o ourensán Félix Fernández Cao falará da súa traxectoria internacional como preparador físico e adestrador en equipos de fútbol de elite da superliga chinesa ou da Premier League, entre outros; da xestión de equipos de alto rendemento e da motivación. Na conversa estará acompañado por Julio Vila, socio director de Asesores Vila Castro e antigo alumno da facultade.

Presenta: Ernesto López-Valeiras
Profesor, Universidade de Vigo