Conversa con Félix Fernández Cao, preparador físico e técnico en equipos de fútbol de elite da Superliga chinesa e Premier League 10 de xuño de 2021

Visto 33 veces

Conversa con Félix Fernández Cao, preparador físico e técnico en equipos de fútbol de elite da Superliga chinesa e Premier League

Entrevista

O programa Meta da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolle unha nova sesión do ciclo de conferencias Conversas. Nesta ocasión, o ourensán Félix Fernández Cao falará da súa traxectoria internacional como preparador físico e adestrador en equipos de fútbol de elite da superliga chinesa ou da Premier League, entre outros; da xestión de equipos de alto rendemento e da motivación. Na conversa estará acompañado por Julio Vila, socio director de Asesores Vila Castro e antigo alumno da facultade.

Félix Fernández Cao
Assistant Fitness Coach West Ham United FC
Entrevista: Julio Vila
Socio director de Asesores Vila Castro