Claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation 16 de set. de 2021

Visto 21 veces

Claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation

A ministra de Asuntos Económicos Nadia Calviño impartiu unha conferencia na FCCEE

En menos dunha hora a vicepresidenta primeira del Gobierno e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital, Nadia Calviño, achegou ao estudantado e profesorado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo as claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation. Nunha conferencia e posterior coloquio dirixido especialmente ao alumnado do centro, Calviño reiterou que a recuperación económica en España está en marcha e incidiu na oportunidade que cos fondos procedentes de Europa enfronta o país para ser máis verde, máis dixital, máis xusto e máis sostible. “O Plan de Recuperación é un exercicio de xustiza interxeracional”, asegurou Calviño, que tamén debullou os plans e reformas que o Goberno de España está a impulsar en ámbitos fundamentais, “porque definen a contorna onde ides desenvolver o voso futuro”.

Fonte. DUVI

Reitor, Universidade de Vigo
Nadia Calviño
Vicepresidenta primeira del Gobierno e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital