A mentalidade dos campións, superando límites 6 de out. de 2021
A mentalidade dos campións, superando límites
Coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, co patrocinio de Artio.
Os cinco son atletas e os cinco teñen detrás de si unha historia de superación, de traballo en equipo e de loita polo éxito en distintas competicións deportivas, entre elas os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. José Manuel Albentosa, Agustín Alejos, Caetano Horta, Alex Vidal e Carlos Pérez Rial, Perucho, compartiron este mércores as súas experiencias coa comunidade universitaria na charla La mentalidad de los campeones, superando límites, un coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, co patrocinio de Artio, e que puido seguirse de xeito presencial no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou a través do directo de UVigoTV. “Estou seguro de que se os valores do deporte se trasladasen á sociedade, a sociedade sería moito mellor”, recalcou o decano, Jorge Falagán, no seu saúdo de benvida aos deportistas convidados.