Tecnoloxía arcaica 27 de out. de 2021

Visto 6 veces

Tecnoloxía arcaica

Conferencia

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle durante o mes de outubro unha nova edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, que nesta ocasión leva por lema Para ler (n)un mundo sustentábel. Ao longo de catro sesións, futuras mestras e mestres terán a oportunidade de dialogar con creadoras e creadores sobre a súa obra, centrándose nesta ocasión en como nelas se plasma o compromiso por acadar un mundo mellor.

Federico Fernández
Ilustrador
Modera: Isabel Mociño González
Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo