Apertura do acto e presentación da investigación en tradución na Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación (FaHCE) Universidad Nacional de La Plata 4 de nov. de 2021
Apertura do acto e presentación da investigación en tradución na Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación (FaHCE) Universidad Nacional de La Plata
Conferencia
Ademais de empregarse en numerosos ámbitos como o sanitario, social, xudicial, policial ou o de negocios, a interpretación de enlace é a técnica máis utilizada nos servizos públicos entre persoas inmigrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo que non coñecen a lingua do país no que se atopan e precisan de intérpretes para poder acceder a eses servizos. “A interpretación de enlace (IE) é que se leva a cabo de forma dialóxica entre dúas ou máis persoas que non comparten a lingua e diferénciase da interpretación simultánea en que non adoita precisar equipamentos técnicos, e da interpretación consecutiva en que non se interpreta un discurso dunha lingua a outra, senón que se media nun diálogo, con todo o que isto leva consigo.
Fonte: DUVI