A interpretación de ligazón. Da teoría á práctica 4 de nov. de 2021

Visto 11 veces

A interpretación de ligazón. Da teoría á práctica

Conferencia

Ademais de empregarse en numerosos ámbitos como o sanitario, social, xudicial, policial ou o de negocios, a interpretación de enlace é a técnica máis utilizada nos servizos públicos entre persoas inmigrantes, refuxiadas ou solicitantes de asilo que non coñecen a lingua do país no que se atopan e precisan de intérpretes para poder acceder a eses servizos. “A interpretación de enlace (IE) é que se leva a cabo de forma dialóxica entre dúas ou máis persoas que non comparten a lingua e diferénciase da interpretación simultánea en que non adoita precisar equipamentos técnicos, e da interpretación consecutiva en que non se interpreta un discurso dunha lingua a outra, senón que se media nun diálogo, con todo o que isto leva consigo.

Fonte: DUVI

Presenta: Gabriela Yáñez
Departamento de Lenguas y Literaturas Modernas,, Universidad Nacional de La Plata (Arxentina)
Maribel del Pozo Triviño
Profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo