Debate. Os estudos de Xestión pública en liña nas Universidades públicas 11 de nov. de 2021

Visto 4 veces

Debate. Os estudos de Xestión pública en liña nas Universidades públicas

Reunir unha serie de “actores con experiencia en proxectos e-learning” de diferentes universidades españolas para analizar diferentes experiencias de implantación de modalidades virtuais no ensino superior, así como para darlles a coñecer o traballo levado a cabo neste eido polo Grao en Dirección e Xestión Pública e o Máster en Dirección Publica e Liderado Institucional. Estes eran os dous obxectivos da primeira xornada Docencia virtual universitaria, que a Facultade de Dirección e Xestión Publica promove na tarde deste xoves a través de Campus Remoto e que reúne no seu programa as intervencións de docentes e representantes das universidades de Burgos, Oviedo, Zaragoza e Rey Juan Carlos, da UNED e da UOC, ademais da propia UVigo

Fonte: DUVI

Xose Maria Mahou Lago
Coordinador do Grao en Dirección e Xestión Pública (modalidade virtual) e Vicedecano de Virtualización e Innovación Educativa, Facultade de Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo
Mónica López Viso
Secretaria académica do Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional., Universidade de Vigo
Ignacio Fernández Sarasola
Coordinador do Grao de Xestión e Administración Pública. Universidad de Oviedo.
Nuria Domeque Claver
Coordinadora do Grao de Xestión e Administración Pública. Universidad de Zaragoza.
Modera: Enrique José Varela Álvarez
Decano-comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie