Quenda de preguntas. Experiencias na modalidade online de universidades públicas presencias 11 de nov. de 2021
Quenda de preguntas. Experiencias na modalidade online de universidades públicas presencias
Reunir unha serie de “actores con experiencia en proxectos e-learning” de diferentes universidades españolas para analizar diferentes experiencias de implantación de modalidades virtuais no ensino superior, así como para darlles a coñecer o traballo levado a cabo neste eido polo Grao en Dirección e Xestión Pública e o Máster en Dirección Publica e Liderado Institucional. Estes eran os dous obxectivos da primeira xornada Docencia virtual universitaria, que a Facultade de Dirección e Xestión Publica promove na tarde deste xoves a través de Campus Remoto e que reúne no seu programa as intervencións de docentes e representantes das universidades de Burgos, Oviedo, Zaragoza e Rey Juan Carlos, da UNED e da UOC, ademais da propia UVigo
Fonte: DUVI