Presentación do programa de prácticas Campus Rural 16 de feb. de 2022

Visto 58 veces

Presentación do programa de prácticas Campus Rural

As entidades interesadas en participar teñen de prazo ata o 3 de marzo para inscribirse e teñen que estar asentadas en localidades menores de 5000 habitantes.

A Universidade de Vigo busca empresas dispostas a acoller ao alumnado do programa de prácticas Campus Rural, unha iniciativa promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en colaboración co Ministerio de Universidades e a Crue, Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, no que participa a Universidade de Vigo e que permite ao alumnado universitario de calquera titulación oficial realizar prácticas formativas en concellos de menos de 5000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento. Este mediodía tivo lugar a presentación en liña do programa, un encontro virtual ao que asistiron numerosas empresas e entidades interesadas en participar, e que correu a cargo da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, que foi a encargada de explicar os requisitos que deben cumprir estas empresas para poder participar no programa e acoller ao alumnado.

Fuente: DUVI

Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Presenta: Rosa Graña
Xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos, Universidade de Vigo
Presenta: Maruxa Álvarez
Directora da Área de Emprego e Emprendemento, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Presentación do programa de prácticas Campus Rural
As entidades interesadas en participar teñen de prazo ata o 3 de marzo para inscribirse e teñen que estar asentadas en localidades menores de 5000 habitantes.
16 de feb. de 2022