Análise de xénero na investigación e na innovación (o contido, o persoal e a organización) 17 de mar. de 2022

Visto 74 veces

Análise de xénero na investigación e na innovación (o contido, o persoal e a organización)

Conferencia

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, está decidido a marcar a súa propia folla de ruta na promoción da igualdade. Fíxoo constituíndo hai xa varios meses a súa propia Comisión de Igualdade, presidida pola profesora e investigadora Ana Bernabeu, un primeiro paso ao que agora lle seguirán outros como a posta en marcha de diferentes grupos de traballo dirixidos, entre outros aspectos, a identificar os principais retos deste centro en materia de xénero nun horizonte a curto e medio prazo. Así se explicou este xoves na Xornada Promoción da Igualdade no CIM

Fonte: DUVI

Capitolina Díaz Martínez
Socióloga española especializada en Socioloxía da Educación, Socioloxía do Xénero e Metodoloxía das Ciencias Sociais, Universitat de València