A invasión de Ucraína desde a perspectiva da Unión Europea 29 de mar. de 2022
A invasión de Ucraína desde a perspectiva da Unión Europea
A conferencia forma parte do ciclo anual de catro sobre temas da Unión Europea que organiza o asociación do programa de maiores da UVigo. Nesta ocasión o tema versou na abordaxe das chaves que permiten entender mellor a invasión de Ucraína, desde a perspectiva do proceso de unidade europea. Despois de analizar as relacións sempre conflitivas entrte Rusia e Ucraína ao longo da historia, desde o Rus de Kiev (s. IX), comentouse a influencia na unidade europea do bloque soviético e a súa implosión, a interrelación entre a aproximación a Europa e a Occidente de Rusia e Ucraína e a invasión e a resposta da Unión Europea e do Consello de Europa a agresión de Rusia, así como as posibles consecuencias no futuro da unidade europea.