Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Fran Ramil e Marta Gil 10 de xuño de 2022

Visto 22 veces

Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Fran Ramil e Marta Gil

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao ámbito das enfermidades cardiovasculares, que a día de hoxe supoñen a principal causa de morte no noso país. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión cos investigadores do CIM e que forman parte do grupo EcoAfrik, Fran Ramil e Marta Gil. O seu traballo consiste en estudar novas especies e xéneros dos ecosistemas bentónicos africanos, unha zona na que se localizan algunhas das áreas máis produtivas, pero tamén máis ameazadas pola sobrepesca.

Queres saber de que falaron? Dálle ao play!

i18n.one.Series: Ciencia de ida e volta
Fran Ramil
Investigador del CIM (grupo EcoAfrik)
Marta Gil
Investigadora do CIM (grupo EcoAfrik), Universidade de Vigo
Entrevista: Laura Veiga
Xornalista, GCiencia