Xornadas de Benvida 6 de set. de 2019

Visto 354 veces

Xornadas de Benvida

A Universidade recibe con música, postos informativos, obradoiros e actividades lúdicas ao seu novo alumnado. Máis de 2000 estudantes pasaron polas xornadas nos tres campus.

Antes das presentacións, das clases e dos apuntamentos, o alumnado de novo ingreso dos tres campus da Universidade de Vigo tivo a oportunidade de achegarse á que será a súa casa durante os próximos anos dun xeito lúdico e festivo. Por primeira vez, a institución académica organizou unha xornadas de benvida polas que pasaron máis de 2000 novos estudantes dos diferentes graos que, entre música, xeados e refrescos, puideron coñecer os servizos que ofrece a Universidade, como a oferta cultural e deportiva, aloxamento, transporte, tarxeta universitaria, biblioteca, bolsas e axudas, mobilidade, cursos de linguas, certames e concursos, emprego e emprendemento, voluntariado, etc.

Tras Ourense e Pontevedra, foi a quenda de Vigo, cunha praza Miralles ateigada de mozas e mozos que se foron achegando aos diferentes postos informativos, entre eles un Punto Lila da Unidade de Igualdade, para recibir información e tamén para solucionar dúbidas. Ademais puideron coñecer iniciativas postas en marcha polo propio alumnado da Universidade de Vigo, como o equipo UVigo Motorsport e o seu coche da competición Formula Student, ou asistir ás demostracións científicas realizadas pola Aula Aberta á Tecnociencia da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

i18n.one.Series: Xornadas de benvida
Susana Rodríguez Barcia
Directora da Área de Captación de Alumnado, Universidade de Vigo
Natalia Rodríguez
Estudante, Universidade de Vigo
Puri Pérez Corral
Area de Igualdade, Universidade de Vigo
Gustavo Loureiro Álvarez
Área de Benestar, Saúde e Deporte
Alberto Domínguez
Estudante, Universidade de Vigo
José Ignacio Armesto Quiroga
Director da Área de Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
Paula López Vázquez
Área de Extensión Universitaria (Voluntariado), Universidade de Vigo
María Martiña Álvarez
Estudante, Universidade de Vigo
Mercedes Álvarez
Centro de Linguas, Universidade de Vigo
Amelia Rodríguez Piña
Directora Técnica da Oficina de Relacións Internacionais, Universidade de Vigo
Liz D. Ruiz
Estudante, Universidade de Vigo
Fernando Ramallo
Director da Área de Normalización Lingüística, Universidade de Vigo
Héctor Castro
Técnico biblioteca de la Universidade de Vigo
María Vázquez Estévez
Estudante, Universidade de Vigo
Miguel Ángel Yebra
Miembro da Asociación de alumnos e exalumnos Sénior da Universidade de Vigo
Susana López
Área de Emprego e Emprendemento, Universidade de Vigo
Mónica Bonet
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos, Universidade de Vigo
Xian Caamaño
Estudante, Universidade de Vigo
Antón Yáñez Soto
Delegación de Alumnos
Jose Antonio Vieira
Residencia Universitaria O Castro

Vídeos da mesma serie
Xornadas de Benvida
A Universidade recibe con música, postos informativos, obradoiros e actividades lúdicas ao seu novo alumnado. Máis de 2000 estudantes pasaron polas xornadas nos tres campus.
6 de set. de 2019