Acto de toma de posesión do reitor da Universidade de Vigo. Período 2022-2026 20 de xuño de 2022

Visto 12 veces

Acto de toma de posesión do reitor da Universidade de Vigo. Período 2022-2026

A lembranza ao profesor Manuel Ramos foi constante ao longo de toda a cerimonia. Manuel Reigosa prioriza o recambio xeracional e a atracción e consolidación de talento investigador na súa nova etapa á fronte da UVigo

O actual reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, reelixido nas eleccións do pasado 4 de maio, tomou posesión este luns por outros catro anos nun acto que estivo presidido polo titular da Xunta, Alfonso Rueda, e que, en grande medida, protagonizou a lembranza do profesor e ex vicerreitor Manuel Ramos, falecido na véspera das eleccións. Para el foron as primeiras palabras que pronunciou o reitor e que antecederon un discurso no que lembrou como xurdiu H2040, a formación que representa, os logros acadados nos seus primeiros catro anos de goberno, “intensos e marcados pola pandemia”, e os obxectivos xerais para os vindeiros catro, un período no que, tal e como explicou o reelixido reitor, a institución tratará de facer fronte ao recambio xeracional no cadro de persoal docente e investigador e ao reto demográfico que fará, “cada vez máis necesario”, incorporar alumnado doutras latitudes.

Na cerimonia, que tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e na que os doce integrantes do novo equipo do goberno xuraron os seus cargos, o presidente da Xunta destacou o papel preponderante das universidades na sociedade. Alfonso Rueda referiuse, neste sentido, ao papel “paradigmático da UVigo como motor conectado á contorna”, ao tempo que lembrou a implicación de Manuel Reigosa na creación e no desenvolvemento da institución académica viguesa, referíndose a el como un interlocutor “esixente e dialogante”.

A toma de posesión de Reigosa contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e do de Santiago de Compostela, Antonio López, así como do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. A eles sumáronse entre o público numerosas autoridades, desde exreitores como Luis Espada ou Alberto Gago, ata o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente do RC Celta de Vigo, Carlos Mouriño; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; os delegados da Xunta en Vigo e Ourense, Marta Fernández Tapias e Gabriel Alén; o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; o delegado do goberno no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, ou o bispo da Diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro.

Fonte: DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Presenta: Alfonso Rueda
Presidente, Xunta de Galicia
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Julio E. Abalde Alonso
Reitor, Universidade da Coruña
Antonio López
Reitor, Universidade de Santiago de Compostela
Román Rodriguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente Consello Social, Universidade de Vigo
.
Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, Universidade de Vigo
Vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Maribel del Pozo
Vicerreitora de Internacionalización
Vicerreitor de Relacións coa Empresa, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Universidade de Vigo
Susana Reboreda Morillo
Vicerrectora de Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
Vicerreitora do Campus de Ourense, Universidade de Vigo
Vicerreitora do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Acto de toma de posesión do reitor da Universidade de Vigo. Período 2022-2026
A lembranza ao profesor Manuel Ramos foi constante ao longo de toda a cerimonia. Manuel Reigosa prioriza o recambio xeracional e a atracción e consolidación de talento investigador na súa nova etapa á fronte da UVigo
20 de xuño de 2022