Apertura do acto 15 de set. de 2022
Visto 18
veces
Apertura do acto
Ledicia Costas e Manuel Bragado, dous dos baluartes máis recoñecidos das letras galegas, visitaron a Facultade de Filoloxía e Tradución para participar nunha conversa na que se reivindicou o papel de Vigo como “cidade de novela”. Foi un acto pensando e organizado para darlle a benvida ao curso 2022/2023 e, sobre todo, para agradecerlle ao alumnado de novo ingreso ter elixido esta facultade e, esta cidade, como lugar no que levar a cabo os seus estudos universitarios, uns estudos nos que “as letras”, no senso máis amplo da palabra, serán as grandes protagonistas.
Fonte: DUVI
i18n.one.Series:
Conversa para saudar uno novo curso
Presenta:
José Montero Reguera
Decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Universidade de Vigo
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente Consello Social, Universidade de Vigo
Alba Puentes García
Signante, Universidade de Vigo
David Fernández
Signante , Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie