Debate: Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica 26 de set. de 2022

Visto 38 veces

Debate: Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica

Alberto Garzón, ministro de Consumo, participa nun debate promovido polo grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab.

“Vivir dentro dos límites do planeta é algo inevitable, non é unha opción, e a realidade é que podes vivir dentro dos límites do planeta en sociedade moi diferentes”, salientou este luns o economista e ministro de Consumo, Alberto Garzón, quen participaba nun debate sobre os límites do crecemento económico promovido polo Post-Growth Innovation Lab no Museo de Pontevedra. Dirixido a afondar no papel que poden xogar as universidades no fomento do pensamento crítico respecto das consecuencias ambientais e sociais dun modelo económico baseado no crecemento, o grupo de investigación que dirixe Mario Pansera promoveu nesta xornada un debate que puxo o foco na idea do decrecemento e en como este “vaise producir si ou si”, na opinión de Garzón. “O decrecemento é a única opción posible. A cuestión é como se vai producir, se vai ser acorde cos valores da democracia ou doutra forma”, concluíu o ministro.

Aberta ao público e conducida polo investigador do Post-Growth Innovation Lab David Soto, esta mesa de debate contou coas intervencións do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, do director do grupo deste investigación, Mario Pansera, e da directora científica do centro de investigación interuniversitario Ecobas, María Loureiro, ademais do propio Garzón, quen previamente viisitaba nesta xornada o Laboratorio de Biotoxinas emprazado do campus de Vigo. O punto de partida do coloquio que tivo lugar no Edificio Castelao era ademais un artigo publicado recentemente por Garzón na revista Monthly Review, que puña o foco na necesidade de “reescalar” a actividade económica a un nivel compatible cos límites do planeta. Nese senso, Soto Oñate salientaba na presentación desta actividade en como esa análise se aliñaba “co espírito das investigacións que levamos a cabo no noso grupo”, mais tamén no feito de que "é a primeira vez que un membro en activo do goberno dunha sociedade occidental cuestiona abertamente o crecemento”.
Fonte: DUVI

Mario Pansera
Director and ERC Grantee, Post-Growth Innovation Lab, University of Vigo
Reitor, Universidade de Vigo
María Loureiro
Directora Científica ECOBAS, University of Santiago de Compostela
Modera: David Soto
Investigador do Post-Growth Innovation Lab, Universidade de Vigo
Equipo técnico Diego de Coo
Técnico de produción audiovisual, Uvigo TV


Vídeos da mesma serie
Debate: Os límites do crecemento e o papel da universidade na transición ecolóxica
Alberto Garzón, ministro de Consumo, participa nun debate promovido polo grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab.
26 de set. de 2022