Berceuse (1901) 19 de dec. de 2022

Visto 16 veces

Berceuse (1901)

A Orquestra Clásica de Vigo Nace en 1984. É a formación máis antiga de Galicia que aposta dende os seus comezos pola formación e a innovación nos formatos. Por esta orquestra pasaron artistas como Jorge Risi, Maristella Patuzzi, Jorge Abreu, Berta Feresco, Severino Ortiz ou Guillermo Pastrana. Unha formación cunha tempada sinfónica estable na cidade de Vigo que aposta pola diversidade na oferta con proxectos complementarios.
Manuel Martínez Álvarez-Nava | Director titular e artístico
Nado en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestre Jacques Bodmer, discípulo do lendario mestre Hermann Scherchen.
Desde o curso 1983/1984 é catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo e director titular da Orquesta Clásica de Vigo desde a súa creación en 1984.
Emín Kiourktchian Tedtoeva | Piano
Nado en 2004. Provén dunha familia de ampla tradición musical. Comeza os seus estudos musicais a unha idade temperá coa súa nai, a pianista Larisa Tedtoeva. Máis tarde
continúa no Conservatorio Profesional de Música «Músico Zyriab» de Córdoba, onde estudou cos profesores Ramón Cabanillas e Luís Tomás, o seu profesor actual. En 2017 recibe o primeiro premio e premio especial no Concurso Internacional de Piano «Pequenos Grandes
Pianistas» de Sigüenza. En abril de 2021 obtén o primeiro premio e premio á mellor interpretación de Beethoven no Concurso Nacional de Mozos Pianistas «Ciudad de Albacete» e en decembro álzase co primeiro premio da categoría de Grao Profesional dos 20.o Intercentros Melómano. Ten actuado como solista coa Orquesta Filarmónica de Málaga, a Orquesta de Jóvenes de la Región de Murcia, a Orquesta Sinfónica Teatro Castelar e coa Orquesta de Córdoba. Así mesmo, actuou xunto á Neue Philharmonie Hamburg na catedral de Berlín e coa Orquestra Filharmónica de Vladicaucaso.

Orquestra clásica de Vigo
Manuel Martínez Álvarez-Nava | Director titular e artístico

Vídeos da mesma serie
Benvida
19 de dec. de 2022
Don Giovanni, K. 527 (1787)
«Obertura»
19 de dec. de 2022
Berceuse (1901)
19 de dec. de 2022
Two songs without words, Op. 22 (1906)
«Country song» «Marching song»
19 de dec. de 2022