Grao en Fisioterapia. Campus de Pontevedra 16 de xan. de 2025
Grao en Fisioterapia. Campus de Pontevedra
Benvidos á Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo. A nosa principal misión é formar profesionais altamente valorados polo seu desempeño e competencias. Contamos cun profesorado especializado e actualizado, e ofrecemos unha formación práctica de calidade a través de estadías clínicas en diversas institucións sanitarias.
Ademais, apoiamos o desenvolvemento integral dos nosos estudantes mediante titorías permanentes, prácticas extracurriculares e colaboracións con outras universidades. Tamén estamos avanzando na investigación, cun crecente número de docentes doutores participando en proxectos e teses.
Actualmente contamos coas titulacións do Grao en Fisioterapia e co Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia
