Simultaneidade Turismo - Xeografía e Historia. Campus de Ourense 15 de out. de 2025

Visto 9 veces

Simultaneidade Turismo - Xeografía e Historia. Campus de Ourense

O obxectivo deste programa é proporcionar unha formación integral en relación ao coñecemento e competencias de Patrimonio Cultural, agrupando os coñecementos de Historia, Xeografía e Historia da Arte xunto coa xestión empresarial e co aproveitamento turístico.

Esta formación correspóndese coa necesidade de especialistas dunha profesión para a que non existe unha oferta formativa tan completa en Galicia: xestor/a de patrimonio cultural.