Entrega da Medalla de ouro da Universidade de Vigo á Editorial Galaxia 17 de out. de 2025
Entrega da Medalla de ouro da Universidade de Vigo á Editorial Galaxia
En recoñecemento ao seu compromiso inquebrantable coa lingua e a cultura galega
En nome da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, realizou a entrega da medalla de ouro e o diploma acreditativo ao actual presidente de Galaxia, Antón Vidal Andión, quen fora máximo responsable dos Servizos Xurídicos da UVigo e integrante do primeiro equipo de goberno da institución, liderado por Luis Espada, quen tamén acudiu ao acto. “Hoxe recibimos este galardón non só como un recoñecemento ao pasado da editorial, senón tamén como un convite a seguir traballando con ilusión e responsabilidade no presente e no futuro. A seguir sendo ponte entre xeracións, entre autores e lectoras, entre o país que fomos e o que queremos seguir construíndo”, salientou emocionado Vidal Andión, tras manifestar “a máis fonda gratitude” por ten considerado este proxecto merecedor deste galardón.
Fonte: DUVI
