Acto académico de San Tomé de Aquino 2026 28 de xan. de 2026
Acto académico de San Tomé de Aquino 2026
Unha celebración do talento, o esforzo e o compromiso do alumnado da UVigo. No acto institucional entregouse a cifra récord de 218 premios
218 estudantes da UVigo reciben o recoñecemento ao seu talento, esforzo e compromiso neste acto de celebración de San Tomé, o patrón da universidade, que encheu o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués. Dos máis de 200 premios, a maior cifra da historia da UVigo, outorgados neste San Tomé, 19 correspóndense con premios extraordinarios de doutoramento (13 mulleres e 6 homes); 53 con premios extraordinarios de grao (31 mozas e 22 mozos); 140 son premios á excelencia académica aos estudantes cos mellores expedientes de novo ingreso neste curso 2025/2026, 105 de grao e 35 de máster, e seis son Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao, mestrado e teses.
Fonte: DUVI
