Oildiabet: Intervención dietética para avaliar o potencial antidiabético dos aceites de oliva galegos 24 de abr. de 2026

Visto 44 veces

Oildiabet: Intervención dietética para avaliar o potencial antidiabético dos aceites de oliva galegos

O grupo de investigación Food and Health Omics da Universidade de Vigo celebra no campus de Ourense a IV Xornada Anual sobre Políticas Alimentarias, que leva por lema Alimentos funcionais e saúde: novas oportunidades para o sector agroalimentario. A cita, con arredor de 185 persoas inscritas, supón "unha oportunidade única para coñecer de primeira man como a ciencia e a innovación están a impulsar unha nova xeración de alimentos orientados á saúde e ao benestar da sociedade". Nela presentánse avances científicos, experiencias empresariais e casos de éxito ao redor dos alimentos funcionais, fomentando o diálogo entre a empresa, a universidade e as administracións públicas.

María Figueiredo González
Grupo de investigación Food and Health Omics. Profesora titular interina da UVigo