Peche da xornada 24 de abr. de 2026

Visto 1 vez

Peche da xornada

O grupo de investigación Food and Health Omics da Universidade de Vigo celebra no campus de Ourense a IV Xornada Anual sobre Políticas Alimentarias, que leva por lema Alimentos funcionais e saúde: novas oportunidades para o sector agroalimentario. A cita, con arredor de 185 persoas inscritas, supón "unha oportunidade única para coñecer de primeira man como a ciencia e a innovación están a impulsar unha nova xeración de alimentos orientados á saúde e ao benestar da sociedade". Nela presentánse avances científicos, experiencias empresariais e casos de éxito ao redor dos alimentos funcionais, fomentando o diálogo entre a empresa, a universidade e as administracións públicas.

Maria FLora Alonso Vega
Bioloxía vexetal e ciencias do solo, Universidade de Vigo
Raquel Rial Otero
Investigadora do grupo Food and Health Omics