Quenda de preguntas. Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas 22 de set. de 2026
Quenda de preguntas. Mestrado Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanza de Idiomas
O Máster para o Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas, como o seu propio título indica é un Máster puramente profesionalizante. Esta profesionalización céntrase no campo da “Educación” e dentro diste na Formación Inicial do Profesorado, é dicir, a docencia.
O profesorado de Secundaria e Bacharelato chega a este mestrado cunha formación do grao nunha disciplina determinada por tanto coa capacitación para saír ao mercado profesional nese ámbito (Química, Dereito, Historia, etc.). A importancia do Máster que estamos a deseñar tradúcese en que capacitará para un ámbito de actividade restrinxido: a docencia (institucións educativas) e, por tanto debemos capacitar ao estudantado nunhas competencias específicas para exercer como “profesional do ensino secundario e bacharelato”.
