A política de comunicación e imaxe da Universidade de Vigo 19/04/2018

Visto 29 veces

A política de comunicación e imaxe da Universidade de Vigo

“O protocolo pode atoparse nos aspectos máis insospeitados da vida”, salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Fernando Ramos, director do XVIII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo-VII Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública, que os días 18 e 19 de abril abordarán no campus esta disciplina desde un “enfoque multidisciplinar”. A cortesía parlamentaria, a política internacional, os banquetes de estado ou a situación das institucións venezolanas serán nese senso algúns dos aspectos a abordar polos preto de 20 expertos e expertas que se reunirán “na actividade máis antiga desta Universidade, que se celebra sen solución de continuidade desde o ano 2001” e que congrega cada ano a preto de 200 persoas.

Presenta: Fernando Ramos
Doutor en Ciencias da Información. Profesor titular da Universidade de Vigo
Ciprián Rivas
Director do Gabinete do Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Intervención de D. Fernando Ramos
Apertura da xornada e entrega de diplomas de profesores de Honrra a Terras Gauda e Galicia Calidade
18/04/2018
Presentación de D. Miguel Ángel Santalices Vieira
Presentación do conferenciante
18/04/2018
Presentación de D. Luis Rodríguez Ennes
Presentación do conferenciante
18/04/2018
Presentación de D. Enrique Angel Costas Rodal.
Presentación do conferenciante
18/04/2018