Constitución, organización territorial e financiación autonómica no contexto político actual 12 de abr. de 2016

Visto 989 veces

Constitución, organización territorial e financiación autonómica no contexto político actual

Intervención de Joan Pagés I Galtés

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo debe ser o foro de reunión e de debate destes temas que preocupan á sociedade e que inflúen no noso presente e futuro como Estado. Mercé á axuda económica do Consello Social da Universidade de Vigo, o alumnado poderá escoitar a un grupo de expertos en temas xurídicos e políticos, poñendo así ao estudantado en contacto coa realidade das nosas institucións. En efecto, no actual escenario exponse, de forma máis ou menos aberta, a modificación da Constitución ou de aspectos que se enmarcan no que o Tribunal Constitucional ha denominado bloque de constitucionalidade. Trátase de cuestións que nos afectan como membros da sociedade actual e que conectan, irremediablemente, cos estudos que se imparten na nosa Facultade.

Presenta: Jaime Aneiros Pereira
Profesor de Dereito Financiero e Tributario, Universidade de Vigo
Joan Pagés I Galtés
Catedrático de Dereito Financieiro e Tributario, Universidade Rovira y Virgili de Tarragona
Organiza: Ana María Pita Grandal
Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario, Decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo