Causas e consecuencias das invasioóns biolóxicas: O caso do vinagrillo (Oxalis pes-caprae) 27 de feb. de 2013
Causas e consecuencias das invasioóns biolóxicas: O caso do vinagrillo (Oxalis pes-caprae)
As invasións biolóxicas son unha das principais ameazas as que se enfrentan os ecosistemas na actualidade. Os seus efectos pódense manifestar en moitos sentidos. Sen embargo, ata o momento hai un gran descoñecemento respecto das consecuencias ecolóxicas e evolutivas, que poden te-los procesos de invasión biolóxica. Neste vídeo presentanse os resultados dun proxecto de investigación conxunto realizado por investigadores da Universidade de Coimbra (Portugal) e da Universidade de Vigo (España) no que se trata de aclarar os patróns que gobernan os procesos de invasión biolóxica. Para ilo, os investigadores traballan cunha especie de planta orixinaria de Sudáfrica, Oxalis pes-caprae, que na actualidade se comporta como invasora en tódolos ecosistemas de clima mediterráneo do planeta.