Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais 27 feb. 2013

Visto 1548 veces

Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais

Divulgare

En 1830, John Henslow introduciu ao seu discípulo Charles Darwin no fascinante mundo dos polimorfismos florais. Concretamente presentoulle o caso dalgunhas especies de plantas hermafroditas que teñen dúas formas florais que difiren na altura e disposición das estruturas sexuais femininas: os pistilos. Nunha forma floral, os estigmas encóntranse localizados por enriba das estruturas masculinas (os estames), mentres que na forma oposta, os estigmas se encontran localizados debaixo dos estames. Tratar de descifrar a orixe e as consecuencias deste fascinante mecanismo reprodutivo que presentan algunhas especies de plantas contribuíu, sen dúbida, a modelar ese carácter curioso e crítico que levou ao mozo Darwin a formular anos máis tarde a súa hipótese da Selección Natural. Dende entón, unha pléiade de investigadores seguen tratando de descifrar os misterios que rodean a este refinado mecanismo reprodutivo. Neste vídeo explícase en que consiste a Heterostilia: un polimorfismo floral que atraeu a atención de Darwin ata o punto de que dedicou un libro ao seu estudo. No vídeo faise un repaso contestando ás preguntas de ¿Qué é?, ¿Para que serve? ¿Cómo se orixina? o ¿Cómo se pode estudar? A heterostilia é un polimorfismo consistente na presenza de dous ou tres formas florais dentro dunha mesma especie de planta. As vantaxes deste sistema de reprodución, así como a súa orixe son temas de controversia científica. No vídeo explícanse as achegas que fixo neste tópico o Grupo de Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo (webs.uvigo.es/plantecology/)

Universidade de Vigo

Vídeos de la misma serie
Interacciones entre organismos
Divulgare
27 feb. 2013
Selección direccional.
Divulgare.
27 feb. 2013
Por el futuro de tus hijos...
Divulgare.
27 feb. 2013
¿Por qué conservar la biodiversidad?
Vídeo divulgativo | Divulgare
27 feb. 2013
Turismo Científico en los Parques de Galicia
Vídeo divulgativo | Divulgare
27 feb. 2013
El peligro de las mascotas en las islas
Vídeo divulgativo | Divulgare
27 feb. 2013