Rolda de Preguntas: Sesión cronoloxía e iconografía da arte rupestre. Parte 1 14/12/2017

Visto 235 veces

Rolda de Preguntas: Sesión cronoloxía e iconografía da arte rupestre. Parte 1

No limiar das artes

O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio Geaat da Universidade de Vigo organiza os días 14 e 15 de decembro, na Facultade de Historia do campus de Ourense, o ciclo de conferencias No Limiar das Artes. Encrucillada de Tradicións Rupestres. A xornada reunirá, segundo explican os seus promotores, a persoal investigador de diferentes ámbitos xeográficos para contrastar os recursos patrimoniais dos vales fluviais interiores da área interior do noroeste da península ibérica como unha forma máis e coñecer e valorar estes recursos patrimoniais e de establecer modelos de viabilidade para a difusión e conservación do patrimonio cultural e natural no ámbito do desenvolvemento económico sostible.

i18n.one.Series: No Limiar das Artes
Ladislao Castro Pérez
Profesor titular da área de Prehistoria, Universidade de Vigo
Israel Barandela
CEAAT
Beatriz Comendador Rey
Vicedecana da Facultade de Historia, Universidade de Vigo