A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero. Intervención de Antonio Reigosa 19 de out. de 2015

Visto 608 veces

A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero. Intervención de Antonio Reigosa

Na primeira sesión, “A literatura de tradición oral. A subversión dos roles de xénero”, os mestres e escritores Antón Cortizas e Antonio Reigosa reflexionaron co público asistente sobre a relevancia que as mulleres teñen na transmisión de coñecementos e modelos culturais ás novas xeracións, especialmente a través da súa función como nais e educadoras. Tamén repasaron personaxes femininas da tradición oral como Carapuchiña Vermella, Pepa a Loba, a costureira... para incidir na concepción misóxina que se foi impondo na sociedade occidental. Antonio Reigosa fixo un repaso polo labor de recuperación dos materiais de transmisión oral e a súa fixación na escrita; mentres que Antón Cortizas incidiu nas cualidades que deben caracterizar un/unha bo/boa docente, as cales recolleu nun decálogo, no que salienta o respecto e amor polo labor de mestre/a.

Presenta: Antonio Reigosa
Escritor e estudoso da tradición oral
Modera: Isabel Mociño González
Facultade de Educación e Traballo Social, Universidade de Vigo