literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras. Intervención de Fina Casalderrey 26 de out. de 2015

Visto 617 veces

literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras. Intervención de Fina Casalderrey

Na segunda sesión, “A literatura infantil e xuvenil. Mestras e creadoras”, Fina Casalderrey e Helena Villar Janeiro fixeron un repaso polo labor que ao longo do último século desenvolveron as mulleres na escola, dende a autora do primeiro método de ensino en Lingua galega, Josefa Iglesias Vilarelle, ata os últimos anos da ditadura franquista, nos que elas como docentes se viron obrigadas a crear materiais para o seu alumnado, dada a total ausencia deles para o ensino en lingua galega; e como nais, para os seus propios fillos. Tamén se incidiu, especialmente Helena Villar Janeiro, na importancia que a escola ten para achegar nenos e nenas á poesía, xénero fundamental na formación académica e na adquisición da linguaxe, para o que lle ofreceu aos asistentes un decálogo que deberían ter como referente na súa práctica docente. Pola súa parte, Fina Casalderrey, dende un punto de vista máis subxectivo, emotivo e persoal, achegou a súa visión das múltiples facetas que o labor docente require.

Presenta: Fina Casalderrey
Mestra e creadora
Modera: Isabel Mociño González
Facultade de Educación e Traballo Social, Universidade de Vigo