Recepción do reitor da universidade de vigo os deportistas universitarios 26 de maio de 2016

Visto 1265 veces

Recepción do reitor da universidade de vigo os deportistas universitarios

Acto de recoñecemento aos e ás medallistas da Universidade de Vigo nos campionatos de España universitarios

O Reitor da Universidade de Vigo, Don Salustiano Mato de la Iglesia, agradeceu en persoa a todos os deportistas da UDV os resultados nos campionatos de España Universitarios, nun acto no Edificio Miralles do campus de Vigo.

Os deportistas de Loitas Olímpicas presentes no acto e que levaron a Universidade de Vigo a acadar o subcampionato de España por universidades nos pasados Ctos de España, tanto en categoría masculina como en categoría feminina foron:
– Noelia Lalín Canda en 75 kg, medalla de ouro.
– Eliseo Permuy Soto en 70 kg, Medalla de uuro.
– Pablo García García en 80 kg, medalla de bronce.
– Pablo Senra Gómez en 90 kg, medalla de bronce.
– 8º posto para Cristina Alves Pereira en 53 kg.
– 8º clasificado Ginés Martínez Vázquez en 80 kg.
– Como técnicos da UDV acudiron Marcos MiragayaLama e Pablo Pintos Figueroa.
O acto tamén acudiu o presidente da Federación Galega de Loita e D.A. Don Jose Luis Olazabal Ibars e María Isabel González González.
O seguinte reto dos campións de España será a súa participación no campionato do mundo Universitario que terá lugar do 25 ó 30 de Outubro en Corum (Turquía).

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Organiza: Rectoria

Vídeos da mesma serie
Recepción do reitor da universidade de vigo os deportistas universitarios
Acto de recoñecemento aos e ás medallistas da Universidade de Vigo nos campionatos de España universitarios
26 de maio de 2016