Entrega dos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Premios Extraordinarios de Doutoramento 28 de xan. de 2016

Visto 2390 veces

Entrega dos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Premios Extraordinarios de Doutoramento

Trala entrega das insignias e medallas que recoñecen os méritos académicos dos e das premiadas, o reitor da Universidade de Vigo, pronunciou un discurso no que trazou a folla de ruta dunha institución, que transcorridos 25 anos do seu nacemento debe, segundo Mato, preguntarse “se está facendo todo o posible por responder ao esforzo que a sociedade realizou e continúa a realizar con nós”. Coas persoas como eixo central, Mato debullou os que considera retos que a institución debe enfrontar nun escenario condicionado no económico polo Plan de Financiamento Universitario de Galicia (2016-2020). “Se a prioridade son as persoas, as funcións que debe desempeñar a universidade: docencia, investigación e transferencia, tamén son os desafíos para o futuro”, dixo Mato, que no caso da docencia incidiu na importancia da calidade e a internacionalización, así como do plurilingüismo e o desenvolvemento da oferta virtual online e semipresencial. En canto á investigación, o reitor avogou por seguir avanzando na agregación de grupos coa universidade como investigador principal, así como pola captación de talento, “revertendo as regras da cultura do favor e do caciquismo que retardan a progresión da nosa sociedade”, sinalou o reitor. En canto á transferencia, tras deixar claro que a sociedade a precisa para poñer en valor o coñecemento da investigación, Mato asegurou que “pode non ser o que máis precisa a universidade para si mesma; pero é unha das maiores necesidades que podemos e queremos atender”.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Gloria María Pena Uris
Secretaria Xeral, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Apertura do acto
Actuación musical "Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares"
28 de xan. de 2016
Actuación musical "No por amor no por tristeza"
Texto: Antonio Gala | Música: Antón García Abril
28 de xan. de 2016