A produción de carne ecolóxica de calidade nos montes comunais de alta montaña 16 de set. de 2016
A produción de carne ecolóxica de calidade nos montes comunais de alta montaña
Rolda de Preguntas
Entre os días 13 e 16 do mes de setembro vai ter lugar en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte". Este Curso está organizado polo GIEEA e contará coa presenza de diferentes proxectos e iniciativas vinculadas coa xestión e a dinamización do monte en Galicia. O GIEEA organiza o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte" O Curso de Extensión trata de facer partícipe á cidadanía de experiencias dinamizadoras no monte que empreguen recursos locais e formar a emprendedores locais mediante a adquisición de competencias básicas para a posta en marcha de iniciativas dinamizadoras locais a partir do monte en distintos ámbitos económicos.