No seu 25 aniversario a Universidade de Vigo descobre unha cápsula do tempo que se abrirá en 2040 19 de xuño de 2015

Visto 2022 veces

No seu 25 aniversario a Universidade de Vigo descobre unha cápsula do tempo que se abrirá en 2040

A obra do escultor Alfonso Costa custodiará o material achegado polos centros dos tres campus

Metal e pedra transformados pola man do escultor Alfonso Costa na Cápsula do tempo, custodiarán dende hoxe e ata 2040 un anaco do presente da Universidade de Vigo. Transcorridos os primeiros 25 anos da súa existencia, a institución académica deixou este venres 19 de xuño testemuño do que é a día de hoxe, a través das achegas realizadas por todas as escolas e facultades que integran os tres campus. Unhas mazas procedentes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, unha táboa periódica da Facultade de Química, un libro da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, unha orla de Fisioterapia, así como bandas de graduación e moitos CD e USB con información sobre cada un dos centros que conforman a Universidade de Vigo descansan desde hoxe nos tres caixóns, un por campus, que forman parte da Cápsula do tempo, instalada no xardín anexo ao edificio de Servizos Centrais. “Isto é unha homenaxe a toda a comunidade universitaria que fixo posible o que somos e unha maneira de que nos recorden dentro de 25 anos cando se abra a cápsula”, dixo o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, no seu discurso, pronunciado tralo descubrimento da escultura e a colocación dos obxectos achegados desde os tres campus no interior da mesma.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Alfonso Costa
Escultor
Ángeles Hermida
Vicesecretaria xeral técnica, Universidade de Vigo
José María Faílde
Director da Área de Planificación do campus de Ourense, Universidade de Vigo
Juan Manuel Corbacho Valencia
Vicerreitor do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantes, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
No seu 25 aniversario a Universidade de Vigo descobre unha cápsula do tempo que se abrirá en 2040
A obra do escultor Alfonso Costa custodiará o material achegado polos centros dos tres campus
19 de xuño de 2015