Presentación dos compoñentes do coloquio 23 de nov. de 2018

Visto 19 veces

Presentación dos compoñentes do coloquio

O salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo quedou pequeno esta tarde para acoller ás decenas de persoas que asistiron a escoitar e participar das reflexións que sobre mobilidade humana ofreceron o xornalista Fernando González “Gonzo”; a experta do Consello de Europa, Gemma Pinyol- Jiménez e o doutor en migracións e membro de Cáritas España Sergio Barciela. Os protagonistas do coloquio, organizado pola Universidade de Vigo, a través da súa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Cooperación e Igualdade; o Concello de Vigo e a campaña Impórtanos, achegaron a súa particular visión dun fenómeno, o migratorio, que os tres coincidiron en lembrar é inherente á historia da humanidade.

Sergio Barciela
Doutor en migracións e membro de Cáritas España
Fernando González, “Gonzo”
Presentador e actor
Gemma Pinyol- Jiménez
Experta do Consello de Europa no proxecto Intercultural Cities e membro de Instratiegies
Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Universidade de Vigo