“Non fagades caso ao que os medios conten da migracións” 23 de nov. de 2018

Visto 15 veces

“Non fagades caso ao que os medios conten da migracións”

Intervención de Fernando González, Gonzo

O salón de actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo quedou pequeno esta tarde para acoller ás decenas de persoas que asistiron a escoitar e participar das reflexións que sobre mobilidade humana ofreceron o xornalista Fernando González “Gonzo”; a experta do Consello de Europa, Gemma Pinyol- Jiménez e o doutor en migracións e membro de Cáritas España Sergio Barciela. Os protagonistas do coloquio, organizado pola Universidade de Vigo, a través da súa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Cooperación e Igualdade; o Concello de Vigo e a campaña Impórtanos, achegaron a súa particular visión dun fenómeno, o migratorio, que os tres coincidiron en lembrar é inherente á historia da humanidade.

Fernando González, “Gonzo”
Presentador e actor