Entrega do 7º Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2019 a Anabel G. Penín, ex directora da Unidade de Igualdade 6 de mar. de 2019

Visto 22 veces

Entrega do 7º Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2019 a Anabel G. Penín, ex directora da Unidade de Igualdade

“Sangro cada mes para que a humanidade sexa posible. O meu útero é unha fonte de vida para a nosa especie escolla eu crear ou non. Pero raramente se entende así. Menstruamos e veno como algo sucio, enfermizo, unha carga coa que pretendemos chamar a atención. Como se este proceso fose menos natural que respirar. Como se non fose unha ponte entre este universo e o futuro. Como sen non fose un proceso de amor. Traballo. Vida. Desinteresado e sorprendentemente fermoso”. Con estes versos, inspirados no poema Period de Rupi Kahur, que ilustran o cartel co que a Universidade de Vigo celebra este ano o Día Internacional da Muller, comezaba este mediodía o acto central co que a institución académica festexa o 8M. Foi a cantante Sabela King a encargada de poñer voz aos versos cos que arrancou un acto no que a menstruación foi o eixo central e no que a ex directora da Unidade de Igualdade, Anabel G. Penín, recibiu o 7º Premio de compromiso coa igualdade de xénero da Universidade de Vigo, uviguala 2019.

Reitor, Universidade de Vigo
Presenta: Anabel González Penín
Ex-directora da Unidade de Igualdade, Uniersidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
8M. Día Internacional da Muller
A ex directora da Unidade de Igualdade, Anabel G. Penín, recibiu o Premio uviguala 2019
6 de mar. de 2019
Benvida
6 de mar. de 2019
Performance "Conax"
6 de mar. de 2019
A igualdade está de festa
Intervención da Directora da Área de Igualdade
6 de mar. de 2019
Manifesto feminista elaborado por un grupo de alumnas representantes no Claustro da Rede de Estudantes
“O sistema educativo, a Universidade incluída, está estruturado de forma que lexitima a discriminación froito da sociedade patriarcal que sufrimos as estudantes”
6 de mar. de 2019
Actuación musical de Sabela King
Tema: "Hiedra venenosa"
6 de mar. de 2019