presentación da mascota da Universidade de Vigo 30 de abr. de 2019

Visto 61 veces

presentación da mascota da Universidade de Vigo

Branca. Moderna. Neutra. Non figurativa….Estes son algúns dos trazos que definen a Oli, a mascota da Universidade de Vigo, que desde hoxe conta cun personaxe que a representará e do que o reitor, Manuel Reigosa, asegurou que “espera moito”. Desenvolvida a partir do escudo da institución académica, a mascota da Universidade de Vigo foi deseñada pola directora da Área de Imaxe, Ana Soler, que se referiu a súa creación como “un espírito branquiño que nos acompaña”. Nun acto celebrado no edificio Miralles do campus vigués, a comunidade universitaria tivo ocasión de coñecer e mesmo fotografiarse con Oli, que xa é un elemento fundamental da iconografía da institución.

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie