Oli...! A nosa mascota! 30 de abr. de 2019

Visto 195 veces

Oli...! A nosa mascota!

Oliveira. Mar. Terra. Tres campus

Branca. Moderna. Neutra. Non figurativa….Estes son algúns dos trazos que definen a Oli, a mascota da Universidade de Vigo, que desde hoxe conta cun personaxe que a representará e do que o reitor, Manuel Reigosa, asegurou que “espera moito”. Desenvolvida a partir do escudo da institución académica, a mascota da Universidade de Vigo foi deseñada pola directora da Área de Imaxe, Ana Soler, que se referiu a súa creación como “un espírito branquiño que nos acompaña”. Nun acto celebrado no edificio Miralles do campus vigués, a comunidade universitaria tivo ocasión de coñecer e mesmo fotografiarse con Oli, que xa é un elemento fundamental da iconografía da institución.


Vídeos da mesma serie