Proceso de creación de Oli e detalles dos seus elementos gráficos 30 de abr. de 2019
Visto 21
veces
Proceso de creación de Oli e detalles dos seus elementos gráficos
Branca. Moderna. Neutra. Non figurativa….Estes son algúns dos trazos que definen a Oli, a mascota da Universidade de Vigo, que desde hoxe conta cun personaxe que a representará e do que o reitor, Manuel Reigosa, asegurou que “espera moito”. Desenvolvida a partir do escudo da institución académica, a mascota da Universidade de Vigo foi deseñada pola directora da Área de Imaxe, Ana Soler, que se referiu a súa creación como “un espírito branquiño que nos acompaña”. Nun acto celebrado no edificio Miralles do campus vigués, a comunidade universitaria tivo ocasión de coñecer e mesmo fotografiarse con Oli, que xa é un elemento fundamental da iconografía da institución.
i18n.one.Series:
Presentación de Oli, a mascota da Universidade de Vigo
Ana Soler
Directora da área de Imaxe, Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie