"Este programa é posible gracias á xenerosidades dos que traballaron nel ó longo dos últimos anos" 6 de feb. de 2020
"Este programa é posible gracias á xenerosidades dos que traballaron nel ó longo dos últimos anos"
Intervención de Maruxa Álvarez, Directora da área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo
Once proxectos (seis de alumnado do campus de Vigo: Clearenergy, EcoDISCARDS, Serea, NEAEduca, Logicmelt Sistemas embebidos e E-QUORN; catro de Ourense: A Raiña Lourada, VirTOU, Tax&Legal Chain e Legaletic; e un de Pontevedra: Mareira) gañaron esta edición dos premios Incuvi-Emprende, que recoñecen as mellores iniciativas empresariais de base tecnolóxica e de coñecemento e que lles permitirán recibir formación, asesoría e apoio na elaboración dun plan de empresa, ademais dunha estadía por un máximo dun ano en Cidade Universitaria no campus de Vigo, na Tecnópole en Ourense e na sede de Aempe en Pontevedra. Pola súa banda, SomosTerra, proxecto de emprendemento social e colaborativo centrado no fomento da sostibilidade no territorio e adaptación da sociedade cara os escenarios de emerxencia climática e cambio global, recibiu hoxe o premio Incuvi-Avanza, destinado a apoiar a consolidación do proxecto, que previamente pasou polo programa Incuvi-Emprende, proporcionándolle un servizo de asesoramento personalizado, unha axuda económica para subvencionar custos relacionados coa constitución da empresa e un espazo de traballo en Porto do Molle, durante un ano.
Fonte: DUVI