Presentación de Mª José Pousa Rodríguez 3 de feb. de 2020

Visto 22 veces

Presentación de Mª José Pousa Rodríguez

A mediación lectora, o papel de intermediarios e intermediarias que as e os docentes, o persoal das bibliotecas ou as propias familias xogan á hora de achegar os libros aos nenos e nenas, será o eixo central das IV Xornadas Desfacendo a raia, que, coa colaboración da Universidade de Vigo, a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (Gálix) promove o luns 3 de febreiro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Abertas á cidadanía, estas xornadas combinan no seu programa un relatorio e unha mesa de debate na que participarán representantes dos diferentes ámbitos desde os que se pode exercer ese labor de mediación, xunto cun obradoiro sobre o achegamento da poesía á infancia e mocidade, que o poeta e profesor Carlos Negro impartirá na sede da Vicerreitoría do campus
FONTE: DUVI

Presenta: Leonor Mazaira
Gálix