A demanda de formación en xénero nos tres colectivos é “un dos grandes resultados deste estudo”, explicou como, xunto co Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado, “decidimos pór en marcha un itinerario virtual de formación en xénero” 10 de mar. de 2020
A demanda de formación en xénero nos tres colectivos é “un dos grandes resultados deste estudo”, explicou como, xunto co Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado, “decidimos pór en marcha un itinerario virtual de formación en xénero”
As súas responsables destacan como arredor do 70% dos membros da comunidade universitaria quere mellorar os seus coñecementos sobre igualdade e como “a Universidade de Vigo é vivida como un espazo máis igualitario que outros”. Atendendo a esta demanda de formación, durante o acto anunciouse a posta en marcha dun itinerario virtual de formación en xénero aberto aos tres colectivos universitarios.
O estudo foi un encargo da Unidade de Igualdade á Consultora Red Talento e estivo financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Na súa presentación, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, amosou a súa preocupación polo feito de que “a igualdade non está conseguida na propia Universidade, aínda hai moito que facer, e se os cidadáns que vivimos na comunidade universitaria vemos neste tema moi por riba á Universidade de Vigo, comparado con outras institucións e outras partes da sociedade, isto é moi preocupante”. Neste contexto, o reitor recalcou como “nós debemos contribuír tanto desde o punto de vista da formación dos nosos egresados como desde o punto de vista da nosa investigación a que a sociedade sexa unha sociedade máis xusta e unha sociedade máis xusta non pode senón ser feminista”. Por este motivo amosou a súa satisfacción pola posta en marcha do novo itinerario formativo.